logo

Benvidos

Sinto que non lembres a miña cara. Sinto que non sorrías coma antes. Sinto que os teus días ás veces sexan sombríos. Sinto que algunhas noites teñas medo a pesar de que che colla da man…E que sinto que me mires e non me vexas.

Dóeme que pouco a pouco deixes de ser quen fuches. Dóeme que esquezas o que un día aprendiches e me ensiñaches. Dóeme somentes poder facerche compaña…E aínda así que te sintas a soas.

Pero loito cada día por ti, por mín. Loito porque comas. Loito porque non deixes de ser ti mesma…Loito por non perderte tan apresa.

Perdóame, mamá, se moitas veces che reño con ou sen motivo. Perdóame se te forzo máis do debido. Perdóame se che pido que me mires. Perdóame se che pido que me escoites. Perdóame se che pido que me chames polo meu nome…Meu Deus!, perdóame por ter que decidir por ti.

Pero hoxe e sempre quero dicirche: que me sinto orgulloso de levar os teus apelidos. Síntome orgulloso de ser parte de ti. E que te quero, aínda que ás veces non cho chegue a dicir. Quérote, agora, antes e sempre. E non te preocupes, mamá, se che voan os recordos, sempre estarei contigo para escribilos de novo e ensinareite coma cando estabas na escola e o teu corazón de nena latexará con novas forzas.

Non te sintas soa se non coñeces a miña cara. Eu ensinareiche a mirar ata o fondo da miña alma. E buscarei ese lugar onde escapa a túa mirada…para atoparnos alí e falar de nós porque a miña vida vai nelo. Quérote, e iso ti o sabes…aínda que o esqueceras.