logo

Os nosos obxetivos

A finalidade última de AFAMON  é mellorar a calidade de vida e a atención sociosanitaria das persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer ou outro tipo  de demencias e dos seus familiares. Para isto, propoñemos como obxectivos seguintes:

Prestar  asistencia psicolóxica e social ós familiares dos afectados pola enfermidade de Alzheimer ou outras  demencias.

Asesorar ós familiares dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e outras demencias en materias legais, sociais e económicas.

Proporcionar e difundir nos medios de comunicación social e desenvolver actividadfes de sensibilización social  respecto á problemática que esta enfermidade provoca así como no referente o seu diagnóstico e da terapia e prevención da mesma, co obxecto de facilitar unha asistencia adecuada.

Promover actuacións destinadas a mellorar a situación das familias e unha mellor atención ós enfermos.

Facilitar, mellorar  e controlar a asistencia ós enfermos que padezan esta enfermidade para mellorar a súa calidade de vida.

Estimular as investigacións  e estudos sobre a incidencia, evolucións terapéutica e posible etioloxía da enfermidade.

Manter os contactos necesarios con outras entidades e asociacións dedicadas ó estudo desta enfermidade dentro e fora de España, co propósito de estar ó día nos avances científicos que se produzan nesta materia.

Apertura e mantemento de centros de atención a persoas que padezan a enfermidade.

Pertencer a federacións ou confederacións de asociacións de carácter rexional, nacional ou internacional, así como fundacións e outras organizacións, tanto gobernamentais como non, que teñan o mesmo obxectivo ou fin que esta Asociación.

Promover o dereito de igualdade de oportunidades.