logo

Servizos

A) PARA A SOCIEDADE:

1. SERVIZO DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA

Dirixido a familiares e coidadores de enfermos de Alzheimer e outras Demencias e poboación en xeral.

Horario: De 9.30 a 13.30 horas.
Lugar: Local da asociación situado no Edificio Multiusos local 9, en Monforte de Lemos.
Descrición: Recepción de familiares e coidadores ou poboación en xeral como primeira toma de contacto coa Asociación. Está atendido por unha Psicóloga e un Traballador Social.- Finalidade: información sobre a enfermidade e recursos socio-sanitarios na zona. Resposta ás demandas específicas a través dos propios recursos (taller de estimulación, apoio psicolóxico, etc…). Derivacións a outros servizos ou recursos da zona. Información sobre actividades, asesoramento para resolver problemas relacionados coa enfermidade. Información sobre cómo asociarse, cómo participar, etc..

2. PROGRAMA DE VOLUNTARIADO.

A participación de persoas voluntarias é fundamental para o desenvolvemento das actividades de AFAMON. A contribución desinteresada e altruísta destas persoas, xunto coa súa formación e experiencia fai aumentar a eficiencia e a eficacia das nosas actuacións. Dende o ano 2004 veñen colaborando con AFAMON voluntarios no Programa de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz, realizando tarefas de dinamización e apoio ós profesionais nas actividades dos obradoiros dirixidos ás persoas con demencias. As persoas interesadas poden participar nas sesións formativas que organice AFAMON e a súa actividade dentro da entidade está cuberta por un seguro de responsabilidade civil.

3. ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL:

Celebración do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro), actos informativos, charlas, artigos en medios de comunicación escrita, entrevistas en radio e televisión locais e autonómica, etc.

4. OBRADOIROS INTERXENERACIONAIS:

Proxecto ” A clase cos avós”. Está dirixido a persoas con demencias usuarias do Programa Estimulación Cognitiva e nenos e nenas con idades entre 5 e 9 anos. Realízanse diversas actividades ( manualidades, xogos, cantar, bailar, etc), que permitan a interacción entre os participantes. Os obxectivos son , por unha parte, fomentar nos nenos valores positivos cara as persoas maiores, e por outra, mellorar a calidade de vida das persoas con demencias a través da afectividades dos nenos e nenas. O proxecto desenvólvese nos períodos non lectivos dos rapaces.

B) PARA AS FAMILIAS

1. SERVIZO DE ATENCIÓN E APOIO PSICOLOXICO E SOCIAL

Tratase de prestar servizos de atención social e psicológica a través de accions de acompañamiento personalizado e continuado do familiar que realiza a tarefa de coidador principal durante o proceso de evolución da enfermidade.Este servizo facilita a resolución de situacions de crise e a prevención de dificultades futuras, optimizando así os cuidados e atencións que o familiar presta á persona enferma no seu contorno habitual co obxectivo de evitar a súa claudicación. Está atendido por unha Psicóloga e un Traballador Social en horario deluns a venres de 9,30 a 13,30 horas.

2. PROGRAMA DE APOIO A FAMILIAS.

Consiste na realización de actividades que favorezan a melloría psicolóxica e física dos familiares coidadores, fomentando canles de interrelación e apoio mutuo e promovendo que o coidador se dedique máis tempo a si mesmo e dispoña de vida social.Actividades que contempla o programa:

Organización e realización de sesións terapéuticas en grupo cada 15 días aproximadamente ( Terapia Grupal).
Planificación cos familiares a mellor forma de aproveitar o tempo libre ( cursos de formación en materias do seus intereses, asistencia a actividades culturais,…).c) Coordinación doutras actuacións que faciliten o uso de recursos propios e da comunidade en beneficio da saúde do coidador ( sesións de masaxe terapéutico, relaxación).

3. FORMACIÓN.

De xeito periódico organizamos acción formativas dirixidas fundamentalmente ós coidadores principais para facilitarlles a adquisición dos coñecementos básicos sobre as demencias e os diferentes aspectos relacionados ( legais, sociais, de saúde, etc)para que logren prestarlles ós seus enfermos as mellores atencións sen esquecer o coidado do propio coidador.

c) PARA AS PERSOAS CON DEMENCIAS.

1. PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA E PSICOMOTRIZ.

Trátase de levar a cabo actividades terapéuticas en forma de obradoiro dirixidas por unha Psicóloga e apoiada por dúas Auxiliares, un Educador Social con funcións de dirección de estimulación psicomotriz e exercicio físico e de planificación das actividades do obradoiro e catro voluntarias/os, nas que se trata de estimular as facultades mentais superiores esquecidas ou en desuso, como son as de reminiscencia, atención, percepción, cálculo, razoamento, orientación, linguaxe; e a psicomotricidade e o exercicio físico encamiñado a manter a flexibilidade articular e a tonicidade muscular. De xeito complementario tamén se realizan actividades de traballos manuais e lúdicas un día á semana (Elaboración de elementos decorativos, celebración de festas de aniversario, etc.). Por outra banda, dende febreiro do ano 2007 vense realizando una nova actividade de estimulación psicomotriz e exercicio físico no medio acuático. Para elo, dispoñemos das instalacións da piscina municipal climatizada de Monforte un día á semana ( Mércores de 10.30 a 13.30 horas) onde ademais de aproveitar os beneficios para a saúde que proporciona a auga, traballamos cos usuarios diferentes aspectos relacionados coas actividades da vida diaria: vestirse – espirse, ducharse – asearse etc, ademais de favorecer o mantemento das relacións sociais. Os usuarios poden utillizar o Servizo de Apoio á Mobilidade e Persoal (Transporte Adaptado 065 da Xunta de Galicia), previa solicitude individual ó organismo correspondente da Xunta de Galicia.

– Finalidade: Proporcionar tratamento non farmacolóxico para enlentecer os síntomas da enfermidade e que o enfermo manteña as súas capacidades funcionais durante o maior tempo posible, mellorando desta maneira a súa autonomía e autoestima. Tamén se facilitan unhas horas de respiro para os familiares coidadores.

2. SERVIZO DE ATENCIÓN PERSOAL NO FOGAR.

a) Modalidade Servizos de Carácter Persoal:Trátase de prestar unha serie de servizos persoais no fogar dos enfermos que necesitan axuda para realizar as actividades da vida diaria( aseo persoal, mobilizacións, compañía, etc) complementando ós coidados que xa ofrece a familia.Finalidade: Facilitar a descarga física dos familiares coidadores e evitar o internamento innecesario do enfermo nun centro residencial mantendo unha adecuada atención e calidade de vida no núcleo familiar.

b) Modalidade Servizo de Masaxe no Fogar: Consiste no desprazamento a domicilio dun profesional da fisioterapia ou osteopatía para ofrecer unha valoración do estado da persoa con demencia a nivel motriz e a aplicación das diferentes técnicas de maxase co obxectivo de manter o maior tempo posible as capacidades funcionais e para as actividades da vida diaria do enfermo.

c) Psicoestimulación no Fogar: é un servizo de atención diúrna, especializado, terapéutico e a domicilio que contempla unha serie de actividades dirixidas a optimizar as capacidades residuais dos enfermos coa finalidade de favorecer a súa autonomía e o mantemento no seu contorno habitual durante o maior tempo posible. Ademais tratase de orientar e apoiar ó coidador principal para dotalo das habilidades e dos coñecementos básicos sobre as técnicas de estimulación cognitiva, para posteriormente executar e incluso deseñar el mesmo as actividades a realizar coa persoa enferma.

3. VISITAS CULTURAIS

:Consiste en levar a cabo unha serie de visitas a lugares de interese artístico e cultural ( pazos, museos, igrexas, etc) da zona da Ribeira Sacra onde traballamos aspectos relacionados fundamentalmente coa reminiscencia provocando que as persoas con demencias entren en contacto con elementos do seu pasado que lles estimulen os recordos e as primeiras vivencias. Para o desprazamento dos beneficiarios cóntase con Transporte adaptado da Xunta de Galicia (Programa 065-Social).Finalidade: Estimular a memoria remota nas persoas con demencias, manter o contacto coa propia cultura e favorecer as relacións sociais.