Actualmente o equipo técnico está formado por cinco profesionais: Unha Psicóloga, un Traballador Social, un Educador Social, e dúas Auxiliares coidadoras. Ademais cóntase coa colaboración de voluntarios procedentes de diferentes ámbitos profesionais que realizan tarefas de apoio e dinamización sobre todo nos obradoiros de estimulación cognitiva e psicomotriz.